-"Cando mezclas moito soluto nun disolvente ocorre que a solución se satura." Aprendín esta frase do meu profesor de química.
Isto é o que me pasa con Antón Reixa, Antonio Javier Rodríguez Reija, para os amigos, sucede que este home que nace como artista, creceu como industria para agora facer política.
Moi mal ciclo evolutivo. Vale. Limitome a ciclo, porque esto de evolutivo ten pouco.
Non se pode estar defendendo unha imaxe de artista co significado de bo afector social que combina aptitude, xenialidade e talento que ten o feito de crear, contraposto co intenso texido empresarial case monopolista que manexa este home.
Películas, libros, teatro, música, periódicos... Onde non está Antón Reixa?
Outro personaxe que pouco traballa na música e tamén controla a industria é Ramoncín... do que me acordo cada vez que me compro un cd..., bueno, vale, lembrome máis da súa nai. Sinto, non o poido remediar porque son moi mal falado... e pensado xa non vos digo.
Non sei se me entendedes. Demasiado poder empobrece e enpodrece as persoas.
Ademais, o que digo eu digo dende a miña opinión persoal; a súa musica que me encantou de rapaz candi ía de festa recoñeceoa mala, aburrida e as supostas letras xeniais … non son mais que unha serie de slogans de escola de Siniestro Total pero mezclados sen arte.
O mellor me equivoco. Pode ser. Non seriía a primeria vez nínserá a primeira, porque ese da sabiduría infinita non son eu, polo que deixo aberta esta carta para a discusión ou confrontación de opinións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario